As versións en caixa de Mac OS X 10.0 tamén incluían unha copia de Mac OS 9.1, que se podía instalar xunto con Mac OS X 10.0, mediante o multiarranque (o que significaba que se necesitaba reiniciar para cambiar entre os dous sistemas). Isto era importante por razóns de compatibilidade; mentres que moitas aplicacións de Mac OS 9 poderían executarse en Mac OS X no Classic Environment (ambiente clásico), algunhas, como as aplicacións que acceden directamente ao hardware, só se podían executar en Mac OS 9.[1]
Seis meses despois do seu lanzamento, Mac OS X 10.0 foi sucedido por Mac OS X Puma.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.